top of page
Foto del escritorLaura Moure

Luís Vilariño e Jose Murado afrontan o Rally di Roma Capitale co obxectivo de facer un top 20

“Estamos con moitas ganas de medirnos cos mellores do mundo sobre asfalto, superficie na que temos máis experiencia, para testar realmente o nivel que tenemos”, di o palense


Laura Moure/Palas de Rei/Deza

O piloto de Palas de Rei Luís Vilariño e o copiloto forcaricense Jose Murado tomarán a saída mañá no Rally di Roma Capitale (Italia) co obxectivo de mellorar o vixésimo sexto posto conseguido na terra do Rally de Liepaja hai dúas semanas e situarse entre o top 20 e o 15.


Tras realizar onte un test na zona de Terelle, durante a xornada de hoxe Vilariño e Murado completaron o recoñecemento dos tramos, que segundo indicou Murado son “moi rápidos”, polo que está a ser fundamental “debuxar ben as notas para ter as cousas claras e poder facer zonas a fondo e ter bo ritmo de carreira”.


“Estamos con moitas ganas de medirnos cos mellores do mundo sobre asfalto, superficie na que temos máis experiencia, para testar realmente o nivel que temos dentro do ERC”, asegura Luís Vilariño.


Vilariño e Murado, que lucirán o número 33, coinciden á hora de destacar “a gran participación” neste Rally dei Roma Capitale, que cun centenar de rexistrados -dos cales 63 equipos compiten no ERC e 34 fano no grupo Rally 2- “non ten nada que envexarlle ao Mundial nin en calidade nin en cantidade”.

Vilariño e Murado este xoves en Fiuggi.


Na xornada deste venres, ademais do tramo de cualificación e o shakedown, a organización previu unha “espectacular superespecial” en Roma, en pleno corazón da Cidade Eterna, correndo na contorna do Coliseo, as termas de Caracalla e o Castelo de San Angelo. Xa na xornada do sábado, o rally continuará na zona de Rocca dei Cave, completando durante a fin de semana un total de 14 tramos cunha distancia de 190,09 quilómetros cronometrados”. “Para nós, que levamos ao Xacobeo como patrocinador, será moi bonito completar un bo rally coincidindo co Día de Galicia”, destacou Luís Vilariño.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page