top of page

Losada dá a benvida aos 37 gardas civís en prácticas que se incorporan á provincia de Pontevedra

Prestarán servizo en Tui, Salvaterra de Miño, Ponteareas, Tomiño, O Porriño, Baiona, Mos, Pontevedra, Moaña, Cambados, Sanxenxo, Caldas de Reis, Valga, A Estrada e Lalín


Laura Moure/Lalín

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, recibiu, xunto ao coronel xefe da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, Manuel Touceda, aos 37 gardas civís en prácticas que se incorporan a diferentes unidades da provincia, no marco da chegada de 166 novos efectivos ás comandancias galegas.

Durante o acto, Abel Losada deulles a benvida, salientou o seu novo compromiso co servizo público e destacou que Pontevedra é a segunda provincia galega que máis efectivos recibe, un reforzo que contribuirá a incrementar a presenza da Garda Civil no territorio e a seguir garantindo a seguridade da cidadanía, especialmente durante os meses de maior actividade estival.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O subdelegado puxo en valor o esforzo do Goberno por seguir reforzando as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado cunha promoción que supera amplamente as 3.000 prazas, a máis numerosa dos últimos anos, e lembrou que a próxima convocatoria contará cun 4 % máis de efectivos, converténdose na maior dos últimos dezaoito anos.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

Os gardas civís en prácticas prestarán servizo nos postos de Tui, Salvaterra de Miño, Ponteareas, Tomiño, O Porriño, Baiona, Mos, Pontevedra, Moaña, Cambados, Sanxenxo, Caldas de Reis, Valga, A Estrada e Lalín. Nestas localidades desenvolverán un período formativo de 40 semanas que lles permitirá adquirir a condición de gardas civís profesionais.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page