Adianta que os Orzamentos para o vindeiro ano da Consellería de Economía, Industria
e Innovación soben por riba da media, ata acadar máis de 430M€
Laura Moure/Lalín
A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, salientou este xoves que os Orzamentos do seu departamento para o vindeiro ano soben por riba da media, ata acadar máis de 430M€, para acelerar a tramitación administrativa, reforzar o financiamento e impulsar a innovación. Nunha xuntanza coa Asociación de Empresarios Deza, Lorenzana detallou as contas da Consellería de Economía, Industria e Innovación para o ano que vén.
Unha contas, dixo, que se incrementan un 5 por cento e teñen como principal obxectivo “dar resposta ás necesidades que teñen as empresas de axilizar as tramitacións administrativas e de eliminar a burocracia”. Para iso, en liña co que anunciou no Debate do Estado da Autonomía o presidente da Xunta, avanzou que se porá en marcha un plan de aceleración de proxectos industriais e unha oficina económica para toda Galicia como interlocutor único coa Administración que van abranguer un investimento de máis de 6M€. Un reforzo a nivel tecnolóxico e administrativo para garantir que os proxectos industriais en Galicia se van tramitar no prazo dun ano e que “é clave para dar seguridade ás decisión empresariais e tamén para atraer novo tecido produtivo a Galicia”, subliñou.
Publicidade
Outro dos puntos fortes dos Orzamentos da Consellería de Economía, Industria e Innovación, será ofrecer financiamento ás empresas, tanto para facilitarlles liquidez como
para préstamos e créditos, para o cal se van investir case 100M€. Nesta liña, tamén
mencionou o fondo público-privado que vai impulsar a Xunta de Galicia e destacou que vai
ser a primeira vez que unha comunidade autónoma pon en marcha un instrumento desde
tipo, pola súa composición e dimensións, que xa se está tramitando na Comisión Nacional
do Mercado de Valores.
Publicidade
En terceiro lugar, Lorenzana tamén apuntou a aposta pola innovación que recollen as
contas do vindeiro exercicio, tan importante para a competitividade do tecido empresarial,
puntualizou. Tal e como avanzou, será a primeira vez que a Xunta de Galicia activa unha
liña de axudas específica para startups, ademais proseguir co desenvolvemento dos polos
de innovación como é o caso do Polo de Tecnoloxías Cuánticas, e de procurar o binomio
coa enerxía para a rebaixa do prezo eléctrico.
Comments