Lorenzana avoga en Lalín a promover o talento e o liderado feminino como un factor de competividade empresarial
- Laura Moure

- 11 jun
- 2 min de lectura
Asegura que Galicia precisa “talento directivo e empresas preparadas para competir
nun contorno cada vez máis exixente, máis tecnolóxico e máis cambiante”
Laura Moure/Lalín

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, avogou onte en Lalín por promover o talento e o liderado feminino por ser un factor de competitividade e de sustentabilidade económica. “A igualdade non é só unha cuestión de xustiza social, é algo que o empresariado ten que ver como necesario para o crecemento e o fortalecemento da propia empresa”, asegurou.
Na clausura do VIII Foro Empresarial Empresarias Galicia, Lorenzana sinalou que atraer e
reter talento feminino e que este se incorpore nas distintas capas da organización ata o liderado “é unha decisión estratéxica”. “Ten que ir máis alá das políticas formais de
igualdade”, recoñeceu.
PUBLICIDADE
Segundo dixo, no contexto actual, Galicia precisa “talento directivo e empresas preparadas para competir nun contorno cada vez máis exixente, máis tecnolóxico e máis cambiante”. “Agora as economías que resisten son as que producen, as que teñen base tecnolóxica, as que manteñen capacidade industrial propia”, abondou. “A competencia é brutal”. Así, defendeu que o papel das administracións debe ser o de acompañar. “Non substituír as empresas nas súas decisións, nin impoñer desde un despacho que sectores teñen futuro e cales non. E, desde logo, non converter os trámites en barreiras cando deberían ser solucións”, asegurou.
PUBLICIDADE
Nesta liña, indicou que a política económica e industrial da Xunta descansa sobre a enerxía e os recursos naturais; o acceso a solo industrial de xeito áxil, rápido e competitivo
dentro da aposta “sen precedentes” que está a facer o Goberno galego; e o acompañamento aos proxectos empresariais a Través da Oficina Económica de Galicia. “Xerar un boca a boca de que en Galicia existe unha Administración sólida, rápida e que
acompaña á empresa”, dixo.








Comentarios