Localizan a unha muller desaparecida esta medianoite na parroquia cruceña de Merza
- ecosdacomarca
- 25 abr 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O persoal de garda de Protección Civil de Vila de Cruces foi mobilizado polo 112 Galicia ás 23:45 horas de onte, luns, pola desaparición dunha muller duns 65 anos na parroquia cruceña de Merza.
Tal e como informa o 112 Galicia foi un familiar o que deu aviso. "Dicíanos que facía pouco a muller estaba polas inmediacións da casa, pero que agora non a atopaban". Con estes datos, iniciouse o dispositivo de busca.
Ademais de Protección Civil, ata o lugar desprazáronse a Garda Civil e unha ambulancia do 061.
Tal e como informa Protección Civil a muller foi atopada ás 1:30 horas. "Tempo despois xa nos avisou Protección Civil de que fora atopada e foi traslada ao hospital por unha ambulancia do 061", indica o 112 Galicia.
Comentarios