Laura Moure/Santiso
Esta semana, en concreto o xoves, foi localizado un pescador furtivo nun tramo vedado do río Furelos, en Santiso, tal e como informou a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
"O labor de vixilancia dos nosos axentes ambientais é clave para protexer o noso patrimonio natural", resalta a Consellería. Comisóuselle unha rede e catro peixes e abriráselle o correspondente expediente.
Dita infracción está tipificada como grave na Lei 2/2021 do 8 de xaneiro de pesca continental de Galicia, oscilando a multa entre 3.001 e 25.000 euros, ademais da posibles sancións accesorias e da reparación da obriga do dano causado.
Publicidade
Cabe mencionar que a zona de río Furelos onde se cometeron os feitos está veda dende a gran mortandade que houbera no ano 2019 a raíz dun verquido, para recuperar ditas poboacións piscícolas, abarcando dende a desembocadura no Ulla ata a ponte romana de Furelos.
Ditas accións de furtivismo, favorecidas por un curso fluvial con baixo caudal, dificultan enormemente a recuperación das poboacións piscícolas do río Furelos.
Comments