top of page

Localizado sen vida o veciño de Arnego, en Vila de Cruces, que desapareceu onte, sábado

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

A búsqueda de Eugenio Rielo, de 89 anos, e veciño do lugar do Pazo, en Arnego, (Vila de Cruces) rematou do peor xeito. Foi localizado na tarde deste domingo sen vida.

Xente este mañá durante o dispositivo de busca en Arnego. Autor: Ecos da Comarca
Xente este mañá durante o dispositivo de busca en Arnego. Autor: Ecos da Comarca

O octoxenario saira o sábado pola mañá a facer o seu habitual paseo co seu can Ron, un pastor alemán, pero ambos non volveron. Cando viron que non regresaba, os seus familiares empezaron a buscalo antes do mediodía e despois xa comezou un operativo de busca con veciños, Protección Civil e a Garda Civil, aproximadamente sobre as 17 horas.


Estivérono buscando durante a madrugada deste domingo con cans de rastrexo e cos drons da Axega, pero lamentablemente non deron con el. O domingo pola mañá tamén estivo sobrevoando a zona o helicóptero da Garda Civil.


Sobre as 12 horas, aproximadamente, e tal e como nos comunicaba hoxe ao mediodía o seu sobriño José María Mera, un dos Gardas atopou ao can. Ao velo, o animal botouse a correr e voltou á casa.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Unha vez no seu fogar, tal e como nos sinalaron veciños do lugar, o can bebeu moita auga e volveu a marchar ata a zona do encoro. Alí preto tamén se atopou unha gorra, que os familiares confirmaron que se trataba da do desaparecido.

Pola tarde, sobre as 17 horas, chegaron os buzos do Grupo de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

E sobre as 18 horas, fontes oficiais confirmaban que foron os buzos da Garda Civil os que lamentablemente, localizaron sen vida a Eugenio no encoro de Portodemouros.

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page