top of page

Localizado sen vida José Ángel Reimóndez Vázquez, desaparecido en Silleda

Ecos da Comarca/Silleda

A media mañá deste luns foi localizado sen vida José Ángel Reimóndez Vázquez, de 64 anos, veciño de San Miguel de Castro (A Estrada), pero que estaba na residencia da localidade de Silleda. Estaba en paradoiro descoñecido dende o pasado venres.

O helicóptero da Garda Civil onte na busca en Silleda. Autor: Ecos da Comarca.
O helicóptero da Garda Civil onte na busca en Silleda. Autor: Ecos da Comarca.

"Con moita tristura temos que comunicar que José Ángel Reimondez Vázquez foi localizado sen vida. Queremos trasladar o noso máis sentido pésame e todo o noso agarimo á súa familia, amizades e persoas achegadas nestes momentos tan difíciles.

Tamén queremos agradecer de corazón a todas as veciñas e veciños que colaboraron na procura, difundiron o aviso ou achegaron información. A vosa solidariedade e disposición para axudar volveron demostrar o mellor da nosa xente. Do mesmo xeito, queremos recoñecer o traballo realizado pola Garda Civil, a Policía Local de Silleda, a AXEGA e os voluntarios de Protección Civil de Lalín e Vila de Cruces, que participaron no operativo de busca con profesionalidade e entrega. Grazas a todas e a todos", sinalou o Concello de Silleda.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Foi onte domingo cando se deu a voz de alarma e se activou un dispositivo de busca.

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

As labores centráronse nos arredores da residencia. Pola tarde, participaron Protección Civil de Lalín e Vila de Cruces, Policía Local de Silleda e a Garda Civil, incluído o helicóptero da Garda Civil.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Despois sobre as 20 horas da tarde tamén se uniron á busca os drons de Axega, pero o resultado saldouse sen éxito.

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Foi este luns, sobre ás 9 horas, cando se reanudou o dispositvo de busca. O corpo foi localizado a algo máis dun quilómetro da residencia de maiores, no propio termo municipal de Silleda.


NOTICIA RELACIONADA:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page