top of page

Localizada con vida a veciña desaparecida no Corpiño

Actualizado: 16 dic 2025

Ecos da Comarca/Lalín

Boas novas! Aparece con vida Victora Blanco Fraga, a veciña de 58 anos, que padece alzheimer, veciña do Corpiño, na parroquia de Santa Baia de Losón. Foi localizada a primeira hora deste luns, 15 de decembro, no lugar de Brenzos de Arriba, nesta mesma parroquia lalinense. Foi localizada gracias a un dron con sistema de detección de sinais de móbiles. É a primeira vez que se usa nun caso real.

O momento da súa localización. Autor: Emerxencias Lalín.
O momento da súa localización. Autor: Emerxencias Lalín.

O 112 Galicia foi coñecedor da desaparición no día de onte, uns minutos antes das 21:00 horas. Un particular indicara que desaparecera unha familiar súa pola zona do Corpiño. Xa levaba varias horas sen saber nada dela.


Desta maneira, levouse a cabo un dispositivo de busca no que participaron o GES de Lalín, a Garda Civil cos drons da Unidade Pegaso, o Grupo Especial de Localización e Rescate con cans especializados e a Unidade de Drons da AXEGA.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A noite do domingo ao luns finalizou con resultado negativo. Tras a coordinación da Garda Civil, mediante a Unidade Pegaso, que solicitou a tecnoloxía Lifeseeker embarcada nun dron, conseguiuse atopar á persoa. Este é un sistema aéreo capaz de achar teléfonos móbiles con gran precisión. Cómpre sinalar que este sistema vén integrado no proxecto Dronefinder, unha innovadora solución tecnolóxica coa que se pretende reducir os tempos de busca de persoas desaparecidas. Mediante o emprego desta innovación, a unidade de Drons da AXEGA, xunto co resto de medios que participaban neste operativo, puido coñecer a localización da desaparecida e establecer contacto visual.


A muller foi atopada hoxe, luns, sobre un cuarto de hora antes das 16:00 horas, logo de que se reiniciase a busca contra as 11:00. A muller, aínda que se atopaba en bo estado de saúde, foi atendida polo persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, logo de estar desaparecida desde o día de onte.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Esta veciña estaba en paradoiro descoñecido dende onte, domingo, pola tarde. Contactara onte e hoxe a mañá coa súa familia por teléfono, pero era incapaz de explicarlles onde se atopaba, debido a que estaba completamente desorientada.

NOTICIAS RELACIONADAS:



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page