top of page
Foto del escritorLaura Moure

Localiza ao autor dos destrozos no seu vehículo aparcado en Melide tras difundilo en Ecos da Comarca

A noticia comparteuse case 140 veces en Facebook e chegou a máis de 2.000 persoas


Laura Moure/Melide

Este luns un veciño das comarcas poñíase en contacto con este xornal para intentar localizar ao autor ou autora dos destrozos ocasionados no seu coche estacionado en Melide. O suceso tivo lugar na madrugada do pasado sábado e o vehículo sufríu importantes destrozos.


A publicación de ECOS DA COMARCA foi compartida por 138 veces en Facebook e chegou a 2.150 persoas. A raíz desta alguén púxose en contacto con este xornal para poder falar co afectado.


"Xa apareceu, non sei se sería posible sen a vosa axuda! Moitísimas gracias de novo", informounos hoxe o propietario do coche.

E a nós énchenos de satisfacción ver que a nosa labor serve de gran axuda porque a nosa principal motivación é ofrecer unha información local o máis próxima aos nosos veciños.


Xa saben que poden enviarnos calquera suxestión ao noso correo: ecosdacomarca@gmail.com


NOTICIA RELACIONADA:



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page