Ecos da Comarca/Lalín
O 112 Galicia foi alertado por un particular este domingo ás 14:22 horas de que estaba ardendo a cheminea dun restaurante en Lalín, situado na Rúa da Ponte.
Mobilizou aos bombeiros de Silleda e tamén informou a Policía Local e ao GES de Lalín. Finalmente, tal e como informa o 112 Galicia, os bombeiros confirmaron que o que ardeu foi graxa acumulada na parte de atrás da grella. Así que o lume foi apagado cun extintor, non se produciron máis danos e o establecemento puido continuar coa súa actividade sen problema.
Comments