top of page

Liberado un condutor tras un accidente en Arzúa

Dous turismos implicados nunha colisión, ocorrida no punto Km 7 da estrada AC-234


Ecos da comarca/Arzúa Sobre as 17:00 h desta tarde en Arzúa tivo lugar un accidente, entre dous vehículos, no que unha persoa precisou ser liberada dun dos coches polos equipos de emerxencia.


Foron varios os particulares os que se puxeron en contacto do 112 Galicia para solicitar axuda para unha persoa que non podía saír dun dos turismos implicados na colisión, ocorrida no punto quilométrico 7 da estrada AC-234.


Unha vez recollida a información, facilitóuselle aos Bombeiros do parque de Arzúa, aos servizos médicos, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos membros de Protección Civil.


Xa desde o lugar, os Bombeiros confirmáronlle aos xestores do 112 que liberaron á vítima, sen necesidade de excarcerar, e que foi trasladada en ambulancia.

Unha ambulancia. Fonte: Ecos da Comarca

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page