Liberada unha persoa cuxo brazo quedara atrapado nunha máquina de enrolar a herba
- ecosdacomarca

- 30 jul 2025
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Unha persoa tivo que ser liberada polos Bombeiros do Eume despois de quedar cun brazo atrapado nunha máquina de enrolar herba no concello de Monfero, tal e como informa o 112 Galicia.

O 112 Galicia recibiu o aviso ás 12:15 horas deste mediodía. Un particular alertaba de que unha persoa tiña o brazo atrapado entre a máquina e o propio rolo de herba, sen poder confirmar se presentaba lesións de gravidade.
Publicidade
Dende o 112 Galicia informouse de inmediato aos medios de emerxencia. Ao chegar ao punto, no Alto de Xestoso, os Bombeiros confirmaron que o brazo seguía atrapado e traballaron para liberalo con seguridade. Unha vez liberada, a persoa foi atendida polo persoal sanitario do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Publicidade
Ademais, informouse do ocorrido á Garda Civil para colaborar no operativo.








Comentarios