Lanzan unha campaña de crowdfunding para poder celebrar o VII Agrocuir da Ulloa 2022
- Laura Moure

- 23 may 2022
- 1 min de lectura
Será en Monterroso os días 26 e 27 de agosto
Laura Moure/A Ulloa
O Colectivo Agrocuir retomou a organización do Festival Agrocuir, co mesmo espíritu de sempre, tal e como sinala. "Facer un encontro adicado a toda a poboación local, no que poidamos atoparnos dentro das nosas diversidades e diferencias". Será en Monterroso os días 26 e 27 de agosto.

"Para financialo, xa que de novo será gratuíto, estamos lanzando unha campaña de #crowdfunding, coa que quizáis podedes axudarnos goteo.cc/agrocuir2022 ", indica o colectivo organizador.
Ademais, subliña que "voltamos porque precisamos lugares de encontro onde recuperar todas esas apertas e bicos que perdemos durante todo este tempo. Voltamos para seguir visibilizando as identidades TLGBQIA+ na nosa ruralidade. E tamén para bailar, bailar e bailar".
Vídeo: Gael Carballo Seara.
Deseño gráfico e Arte: Colectivo la mujer de 6 ojos.







Comentarios