top of page

Lalín traballa no plan de acción da súa axenda urbana e impulsa a participación cidadá

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Todas as persoas que o desexen poderán responder, de forma anónima, un cuestionario ata o 5 de agosto


Laura Moure/Lalín

O Concello de Lalín lanzou o seu novo proxecto de Axenda Urbana, co obxectivo de avanzar cara a un municipio "máis sostible, próspero, cohesionado e inclusivo" coa mirada posta no ano 2030, coincidindo coa Axenda de Desenvolvemento Sostible de Nacións Unidas. A Axenda Urbana é unha ferramenta que se concibe como un documento estratéxico, sen carácter normativo, que propón unha nova visión do desenvolvemento sostible e aborda "unha visión estratéxica, sostible e humanizada da contorna urbana".

A Axenda Urbana Lalín 2030 e o seu Plan Estratéxico de Acción Local (PEAL) teñen como obxectivo o levar a cabo a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) contemplados na Axenda Urbana Europea, na Axenda Urbana das Nacións Unidas e na Axenda Urbana Española. O Concello está actualmente desenvolvendo o seu Plan de Acción, un documento estratéxico que contén unha batería preliminar de proxectos, aliñados cos Obxectivos Específicos da Axenda Urbana Española, e adaptados á realidade e desafíos do municipio.

O centro de Lalín. Autor: Ecos da Comarca.

A primeira versión foi presentada e contrastada con toda a Corporación Municipal nunha reunión este martes na cal se recolleron achegas que enriquecerán devandito documento.

Cuestionario de participación cidadá Ademais, co obxectivo de completar o Plan de Acción que Lalín está a elaborar, e coa participación cidadá como un dos eixos prioritarios do proceso, o Concello puxo en marcha un cuestionario de participación cidadá. Todas as persoas que o desexen poderán participar, de forma anónima, nun cuestionario sobre os proxectos claves que foron identificados previamente para poder construír o Lalín que quere a súa cidadanía.

O cuestionario estará dispoñible na páxina web do municipio e no Facebook do Concello de Lalín, contéstase en moi poucos minutos e de forma totalmente anónima. O prazo para participar estará aberto ata o próximo 5 de agosto, inclusive.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Os resultados obtidos e as conclusións extraídas daranse a coñecer unha vez finalizado o prazo de participación e serán recolleitos no Plan de Acción da Axenda Urbana Lalín 2030.

Referente en desenrolo urbana sostible O municipio de Lalín forma parte das 121 entidades locais (concellos e deputacións) que foron seleccionados como proxecto piloto de Plan de Acción de Axenda Urbana pola Secretaría Xeral de Axenda Urbana e Vivenda do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. Trátase dun dos nove municipios galegos que recibiu financiamento e servirá de exemplo de boas prácticas para outros municipios españois. O Concello seguirá traballando para obter un Lalín máis sostible, próspero, cohesionado e inclusivo de aquí a 2030, grazas ao marco metodolóxico da Axenda Urbana Española.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page