Así o expresou onte nunha visita a Lalín a presidenta da Deputación de Pontevedra, a socialista Carmela Silva
Ecos da Comarca/Lalín
O PSOE de Lalín contou este martes coa visita da presidenta do PSdeG e da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que veu a mostrar o seu firme apoio á candidatura que
encabeza Alba Forno. Silva destacou que “o verdadeiro cambio será cunha muller na
Alcaldía de Lalín e a única opción que ten a veciñanza é votar a Alba Forno o vindeiro 28
de maio”.
A presidenta lembrou que a Deputación "sempre estivo ao carón da veciñanza de Lalín e
foi a administración que máis investiu, xunto co Goberno Central, neste concello". Sinalou
obras como a ampliación do cemiterio da Romea, que actualmente se está levando a cabo, ou as xa feitas coma a do campo de fútbol de Vilatuxe, ou mesmo a das súas
Wenceslao Calvo Garra ou Calzada. “Foron máis de 23,5 millóns de euros investidos neste concello nos últimos oito anos. Nós non miramos cores políticas de quen goberna, senón que apoiamos todos aqueles proxectos que supoñen melloras para os/as veciños/as”, resaltou a presidenta.
Asegura que con Alba Forno na Alcaldía volverá “un Lalín cheo de oportunidades para
todo o mundo, non só para uns poucos, e a vila será propiamente do século XXI, con
espazos para as persoas, pero sempre con sostibilidade económica”. Así mesmo, a
candidata á Alcaldía lembrou que unha das propostas e que as rúas Loriga e Principal
volvan a ser peonís. “Con este Goberno o único que se fai é tirar os cartos en melloras
destas rúas porque seguen dándolle prioridade aos vehículos. É necesario pechalas para facer unha vila máis humanizada”, apunta Forno. No mesmo sentido, indicou que dende o
grupo socialista se valora a reforma doutras rúas, unha reforma da Praza da Vila
ambiciosa e realista, na que “non se endebedará ao Concello nin se tirará con parte do
legado histórico do mesmo”.
Ademais, Forno e Silva reivindicaron que desde as súas posicións construirán un Lalín con políticas máis avanzadas e igualitarias. “Está claro que cunha muller a fronte deste concello, a igualdade de oportunidades, as políticas innovadoras e a transparencia serán
os eixos fundamentais”, indicou a presidenta. Forno destacou que dende o grupo socialista teñen un proxecto claro, un equipo preparado e moitas ganas para traballar pola veciñanza e sempre da man coa mesma. Un Concello non se Goberna dende un sillón e sen escoitar ás persoas”.
Silva afirmou que o PSOE de Lalín conta cun programa “ambicioso e realista, que levará a cabo dende o 29 de maio. Son un grupo de persoas traballadoras, que queren a Lalín e cun proxecto pensado para todo o mundo. Estou moi orgullosa desta candidatura”, concluíu a presidenta.
Comments