top of page

Lalín reparte 1.800 euros en premios no seu II Concurso de Nadal de decoración de balcóns e xanelas

O prazo xa está aberto e rematará o 22 de decembro


Laura Moure/Lalín

Está aberto o prazo para poder participar no “II Concurso de Nadal para decoración de balcóns e xanelas” promovido polo Concello de Lalín, a través da Concellería de Comercio, e que reparte 1.800 euros en premios. Así o sinala a concelleira delegada, Karen Fernández, que remarca que “este prazo se manterá aberto ata o 22 de decembro, inclusive, de acordo ás bases publicadas xa esta semana no BOPPO, que estarán a disposición das persoas interesadas nas Oficinas Xerais do Concello e na páxina web www.lalin.gal”.

Rexistro no Concello Karen Fernández explica que “para poder concursar hai que presentar a correspondente ficha de inscrición e fotografía do balcón e/ou xanela en forma e prazo no Rexistro do Concello de 8 a 15 horas ou no correo electrónico concursobalcons@lalin.gal, acompañado de fotocopia do DNI”. Remarca que “a decoración deberá ter como motivo, exclusivamente, o Nadal e estará exposta, como mínimo, desde o 10 de decembro ata o 7 de xaneiro de 2023 (ambos inclusive)”. A edil subliña que “este certame ten como obxectivo incentivar a participación cidadá na decoración de luces e adornos de nadal en balcóns e xanelas dos inmobles situados no Concello de Lalín, co gallo de contribuír ao ambiente festivo nas rúas de Lalín ademais de promover e incentivar a creatividade da veciñanza do municipio”.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

En canto aos participantes, Fernández destaca que “poderá participar calquera persoa ou entidade propietaria ou arrendataria dunha vivenda situada no Concello de Lalín, con balcón e/ou xanela con vistas á vía pública, que reúnan as condicións necesarias para a súa decoración sempre e cando non supoña perigo algún para a súa integridade e a das persoas viandantes e que o soliciten formalmente dentro do prazo establecidos nas presentes bases”. “Cada vivenda poderá presentar unha solicitude de participación, independente dos balcóns e/ou xanelas que estean adornados e quedan excluídas deste concurso os balcóns dos edificios de titularidade pública, empresas e oficinas”, precisa. Distribución dos premios En canto aos premios que se proporcionarán, a concelleira indica que “estarán compostos por un total de 1.800 euros divididos en dúas categorías: unha parte constará de seis premios de 500, 300, 200 e tres de 100 euros para balcóns e xanelas do casco urbano da vila, e un único premio de 500 euros á mellor vivenda do rural”. “ Ademais, Karen Fernández avanza que “o xurado que ditaminará os premiados, estará composto por 1 representante da Asociación de Empresarios de Deza, 1 representante da Asociación de Comerciantes, 1 membro do Padroado Cultural, 2 representantes da prensa e 1 persoa de recoñecemento no Concello”.

Criterios de valoración “Para a valoración dos balcóns e xanelas, terase en conta os seguintes criterios: a creación artística (4 puntos), a orixinalidade (3 puntos), que os adornos de Nadal estean feitos con material de refugallo (3 puntos), máis me gusta en redes sociais (3 puntos) e presentación en xeral (2 puntos)”, afirma. E aclara que “para a obtención de puntos en redes sociais deben subir as imaxes dos balcóns e/ou xanelas ao cancelo: #concursobalconslalin. Non se poderá facer mención a nomes de marcas, empresas comerciais nin intereses particulares”. Tamén e de acordo ás bases publicadas, o xurado poderá declarar desertos os premios que estime convenientes. O fallo do xurado recollerase nunha acta que será levada á Xunta de Goberno Local para a aprobación da concesión dos premios, que se fará pública na web do Concello de Lalín. A decisión do xurado tamén se dará a coñecer a través da prensa e redes sociais municipais. A entrega dos premios terá lugar nun acto público, a data e o lugar de celebración será previamente comunicado aos participantes.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page