top of page
Foto del escritorLaura Moure

Lalín promove unha charla sobre doazón de sangue e de médula ósea en colaboración con Ados e Asotrame

Laura Moure/Lalín

A concelleira de Sanidade de Lalín, Noelia Seijas, informa que “o próximo mércores, 31 de xaneiro, ás 19 horas, na Casa Consistorial (sala de prensa) terá lugar unha charla sobre doazón de sangue e sobre doazón de medula ósea, promovida polo Concello en colaboración coa Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e con Asotrame (Asociación Galega de Afectados de Transplantes Medulares e Enfermidade Oncohematolóxicas)”.

“É unha charla aberta á participación da veciñanza, polo que se anima aos/as lalinenses a tomar parte nela porque se trata de concienciar sobre a importancia que teñen este tipo de xestos á hora de poder salvar vidas, e tamén se explica o procedemento para levar a cabo a doazón”, sinala. “É unha boa ocasión para achegar a cidadanía estes procesos e de explicarlles que non son tan complexos como a priori se pensan”, remarca.


Publicidade


Seijas indica que “a primeira parte da charla, que será impartida pola promotora da doazón de sangue de ADOS, estará centrada sobre a doazón de sangue con preguntas por parte das persoas asistentes”. “Despois comezarase coa presentación da asociación Asotrame e do procedemento da doazón da medula ósea por parte dunha traballadora social, que estará acompañada por unha persoa voluntaria testemuñal á que lle diagnosticaron leucemia linfoblástica aguda”, precisa.


Publicidade

Sinalar que Asotrame foi declarada de utilidade pública no ano 2018 e ten como obxectivo primordial tres obxectivos: colaboración en proxectos de investigación, atención psicosocial e pacientes e familias e sensibilización sobre a importancia da doazón de medula ósea, xa que para algunhas persoas pacientes, o transplante pode ser a última esperanza de vida.


Publicidade

Pola súa parte, ADOS ten como obxectivos básicos actuar como instrumento de xestión eficiente no exercicio de funcións relacionadas coa doazón e o abastecemento de sangue e os seus derivados, a coordinación de transplantes de órganos e tecidos, e o procesamento e almacenamento de células, tecidos e mostras biolóxicas humanas con fin diagnósticos, terapéuticos e de investigación.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page