Laura Moure/Lalín
O Concello de Lalín ten en marcha desde a oficina agraria unha nova campaña de repoboación forestal 50.000 árboles + . A plantación destas árbores deben facerse no municipio lalinense, sendo responsabilidade do comprador do lote.

Foto: Miriam Rivadulla
Os lotes que se poden adquirir son:
__ Lote 1: dous castiñeiros enxertados por 25 euros.
__ Lote 2: catro carballos americanos, dúas nogueiras e dúas cerdeiras de madeira. O seu prezo é de 20 euros.
__ Lote 3: dúas maceiras, unha pereira, unha ameixeira e unha cerdeira. Todas elas enxertadas e por 20 euros.
__ Lote 4: está composto por prantas ornamentais. Inclúe un rododendro, un rosal, unha camelia xapónica e unha azalea xapónica. Todo por 25 euros.
Os interesados poden adquirilos pagando o importe na entidade Abanca ata o 5 de febreiro. Deberán presentar o xustificante do pagamento para recoller as árbores o 12 de febreiro ás 12:00 horas no mercado de gando.
Comentarios