top of page

Lalín lanza unha nova campaña de repoboación forestal 2024 “50.000 árbores +"

Os interesados poderán conseguir os lotes de árbores aboando o seu importe na ABANCA ata o 6 de marzo


Laura Moure/Lalín

O Concello de Lalín, a través da Concellería de Medio Ambiente, pon en marcha desde a Oficina Agraria, unha nova campaña de repoboación forestal 2024 “50.000 árbores +” para continuar promovendo o coidado dos nosos bosques e do medio ambiente”.

A edil delegada, Raquel Lorenzo, informa que “as persoas interesadas en participar nesta vixésimo sexta edición da campaña poderán conseguir os lotes de árbores aboando o seu importe na entidade ABANCA ata o mércores, 6 de marzo, e deberán presentar o correspondente xustificante de pago para recoller as árbores adquiridas o sábado 9 de marzo ás 12.00 horas na Praza de Galicia”.


Publicidade

O lotes que se poderán adquirir son:


  • Lote nº 1: 2 castiñeiros enxertados: 25€

  • Lote nº 2: 8 nogueiras: 20€

  • Lote nº 3: 2 maceiras enxertadas, 1 pereira enxertada, 1 ameixeira enxertada e 1 cerdeira enxertada: 25€

  • Lote nº 4: plantas ornamentais: 1 acivro, 1 rosal, 1 camelia xapónica e 1 azalea xapónica: 25€

  • Lote de agasallo: será incluído por cada lote que se compre dos anteriores, e está composto por 2 castiñeiros híbridos resistentes á tinta.


Publicidade

A plantación destas árbores debe facerse no municipio de Lalín, sendo esta responsabilidade do comprador do lote.


Publicidade

Raquel Lorenzo sinala a “boa acollida que esta campaña ten sempre entre a veciñanza” e lembra “a influencia positiva que ten a plantación de árbores na loita contra o cambio climático e no coidado do noso medio polo que anima a todos/as os/as lalinenses á participación nesta iniciativa municipal”.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page