Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Lalín honrará á Virxe das Dores con cinco xornadas repletas de actividades culturais do 17 ao 21

O día 25 terá lugar o Lalín D-Fest, véspera da LIII Feira do Cocido


Laura Moure/Lalín

Lalín celebrará as súas festas patronais con distintas activididades. O Concello decidiu seguir adiante con elas a pesar do rexeitamento da maoría da hostalaría polo posible impacto negativo desta celebración na actual pandemia.


"Van ser unhas datas cheas de contidos e de posibilidades de entretemento dirixidas esencialmente aos lalinenses. O que pretendemos é que os nosos veciños poidan desfrutar duns días de lecer despois de meses duros de confinamento e de escasas posibilidades de ocio, dentro dun marco o máis seguro posible, pois todas as actividades cumpren cos estándares de protección sanitaria que marca a Xunta de Galicia", indica o alcalde do municipio, José Crespo. "Pídovos a todos os lalinenses sen excepción que aproveitedes estas datas para desfrutar, desconectar e cargar as pilas para o inverno, respectando en todo momento o máis posible os protocolos sanitarios", engade.

Por outra banda, o día 25 terá lugar o Lalín D-Fest, véspera da LIII Feira do Cocido da capital de Deza, e que é unha iniciativa que conta co apoio económico da Xunta a través da convocatoria extraordinaria de subvencións a espectáculos musicais como parte da programación do Xacobeo 21-22. Delaporte e Delafé encabezan o programa, que inclúe tamén as actuacións dos galegos Verto, Ale e Rapariga DJ.

Lalín D-Fest é un dos festivais subvencionados a raíz da nova convocatoria de axudas para espectáculos musicais do Xacobeo 21-22, a través da que se distribúen 850.000 euros entre 17 ciclos e eventos que suman arredor de 100 actuacións, tanto de artistas e grupos galegos como da escena nacional e internacional.

Esta medida do Plan de reactivación do sector cultural deseñouse especificamente para profesionais autónomos e empresas que rexistraron perdas económicas pola crise sanitaria, reforzando o apoio do Goberno galego á recuperación da actividade empresarial e artística no sector. Ao tempo, búscase fomentar a recuperación das programacións culturais nas 17 localidades nas que se levan a cabo os espectáculos.

88 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE