Lalín entregou hoxe os seus premios agrogandeiros nos que destacou a Gandaría Ganadeza
- Laura Moure
- 28 ene 2023
- 2 Min. de lectura
Distinguiu sete categorías diferentes
Laura Moure/Lalín
Os premios Agrogandeiros de Lalín entregáronse hoxe ás mellores explotacións lalinenses. Fefriga distingueu sete categorías distintas a premiar.
Entre as que se entregaron:
-Media de produción por explotación en lactación: onde se premiou en primeiro lugar á Gandaría Ganadeza que obtivo unha produción de 13.911 litros, a José Vázquez Diéguez en segundo lugar con 13.284 litros e á gandaría Maceva, en terceiro lugar con 13.195 litros.

-Calificación morfolóxica, que premia ás mellores vacas de xeito morfolóxica e entre as que resultaron distinguidas en primeiro lugar a Gandaría Fraga con 84,37 puntos en segundo lugar a Gandaría Midón con 84,35 puntos e en terceiro lugar a Gandaría Quinteiro con 83,36 puntos.
-Mellores vacas de primeiro parto, na que a Gandaría Ganadeza foi premiada cos tres premios.
-Mellores vacas adultas, na que a gandaría Ganadeza obtivo os dous primeiros premios, sendo o terceiro para a Gandaría Toxo.
-Mellores explotacións por ICO (índice xenético de selección), na que en primeiro lugar se premiou a GB Gandaría con 3.406 puntos en segundo lugar a José Ramón Pazos Fondevila con 3.404 puntos e en terceiro lugar a gandaría Quinteiro con 3.397 puntos.
-Femias con produción vitalicia, na que de novo Ganadeza foi condecorada coas dúas mellores vacas e na que a Gandaría Pichel obtivo o terceiro posto con Marquesa.
- Vacas con estrelas, o que probablemente é o premio máis complicado de conseguir xa que se lle entrega a aqueles animais que destaquen en produción, morfoloxía e descendencia e que de dita descendencia, 3 sexan femias e destaquen en produción e morfoloxía, unhas casuísticas moi complexas e nas que destaca sen dúbida a vaca Goldwyn Botaca da Gandaría Fraga que conta con 7 estrelas. Esta mesma gandaría conta tamén con máis vacas con estrelas como Talent Andrea, Windbrook Salome, Buckeye Silvella.
A maiores, premiouse tamén á Gandaría O Porto con Zeus Pancha, á Gandaría Gustavo con Ned Neli, a Gandería Quinteiro con Outside Manila, a Kinteiro con Delete Ada, e finalmente á Gandaría Carral Louro con Rita
Comentários