Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Lalín e Vila de Cruces acollerán esta semana un cribado

Con esta medida preténdese frear os casos de coronavirus nestes municipios

Os cribados axudan a detectar asintomáticos. Foto: Xunta de Galicia


Laura Moure/Deza

Na comarca dezana levarase a cabo cribados nos municipios de Lalín e Vila de Cruces esta semana para tratar de frear os casos de coronavirus. Cabe mencionar que o pasado sábado realizouse un en Agolada e o anterior tivo lugar outro no municipio de Silleda.


O Sergas realizará un cribado en Lalín o mércores, 10 de febreiro, en horario de tarde, que se prevé que continúe o xoves e o venres, no mesmo horario, atendendo a petición formulada hai uns días na Comisión Municipal da Covid pola responsable do centro e saúde e pola concelleira de Sanidade, tal e como indica o Concello lalinense. Terá lugar nas instalacións do Lalín Arena. O cribado aplicaráselle a unhas 2.500 persoas de entre 31 e 50 anos que se citarán previamente a través dunha mensaxe ao seu móbil.


"Cabe lembrar que este cribado do Sergas será complementario ao que a partir da vindeira semana comezarán a facer as farmacias para detectar Covid en asintomáticos e que neste caso abranguerá poboación comprendida entre 40 e 64 anos", remarca o Concello.


Pola súa banda, en Vila de Cruces tamén albergará un esta semana, tal e como acaba de informar o Concello cruceño. Será mañá, martes 9 de febreiro, e o mércores 10 no ambulatorio de Vila de Cruces en horario de 15:40 a 19:40 horas. Realizaranse aproximadamente 960 probas e as persoas que convoquen serán avisadas tamén por mensaxe.


48 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE