top of page

Lalín e Monterroso acollerán cursos para mellorar as posibilidades laborais de persoas en risco de exclusión social

Estas accións formativas da Xunta céntranse en sectores puxantes en emprego, como a construción, a loxística, os servizos ou os coidados


Ecos da Comarca/Lalín/Monterroso

A Xunta de Galicia, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, desenvolve ao longo deste mes de marzo nove cursos dirixidos a persoas en risco de exclusión social para mellorar as súas condicións para atopar un emprego. Estas accións formativas están cofinanciados pola Unión Europea no marco do Programa FSE+Galicia 2021-2027.

foto

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Este programa formativo ten un carácter ocupacional e está enfocado a actividades económicas puxantes en emprego e cun amplo abano de posibilidades laborais, como son a construción, a loxística e o sector servizos. Esta programación está realizada polos Equipos comarcais de inclusión sociolaboral do Consorcio, tendo en conta as necesidades do mercado laboral de cada comarca e as características das persoas cas que traballan estes equipos.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

En concreto, a relación de cursos é o seu lugar de celebración é a seguinte: Atención sociosanitaria en domicilios en Ames, monitor de comedor escolar e acompañante  de transporte escolar no centro penitenciario de Teixeiro, monitor de ocio e tempo libre en Lalín, operario de limpeza industrial en Carballo, dous cursos de operario de almacén en Monterroso e O Carballiño, operario de xardinería e fitosanitarios en Ferrol, electricidade básica en Chantada e enerxías renovables no centro penitenciario de A Lama.

Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page