top of page

Lalín e Chascomús acordan reforzar lazos do irmanamento

Establecerán un programa anual de actividades


Laura Moure/Lalín

O Concello de Lalín e a Municipalidade de Chascomús reforzarán os lazos do irmanamento entre as dúas localidades nun marco de colaboración para o que se desenvolverán reunións entre ambas partes que sirvan para concretar un cronograma de actividades anual. Así o acordaron esta semana nas reunións mantidas por parte secretario de Desenvolvemento Turístico, Produtivo e Cultural de Chascomús, Pablo Nápoli, con representantes municipais.

Desenvolveuse unha xuntanza de traballo entre a concelleira de Educación, Cultura, Turismo e Política Lingüística, Begoña Blanco, con Nápoli para propiciar accións que manteñan aínda máis vivo este irmanamento, buscando afianzar a relación fraternal entre institucións e veciños de ambos países. É así que, como medida inicial, estableceuse o desenvolvemento dun marco de colaboración onde ambas partes acordaron a celebración de reunións para concretar un programa de actividades anual. Neste sentido abordáronse como propostas específicas as posibilidades de realizar vídeo streaming de concertos, clases e encontros virtuais, así como actividades de diversos tipo como intercambio de información patrimonial, artística, musical, da historia de ambas localidades, etc.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Despois estas propostas xa se trataron de maneira máis en detalle nunha reunión celebrada no Conservatorio Profesional de Música de Lalín onde tamén participaron a tenente alcalde, Paz Pérez; o director do Conservatorio, José Luis Taboada Areán e o compositor José Bugallo Senra. Houbo intercambio de materiais de ambas partes no referido á historia, á gastronomía e á oferta turística lalinense así como unha composición de autoría de José Bugallo.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Pola súa parte, Chascomús achegou o libro da musicóloga Valeria Atela e dous volumes de partituras de compositores bonaerenses que foi editado pola Dirección Xeral de Cultura e Educación da provincia de Bos Aires, coa participación de compositores de Chascomús.



留言


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page