top of page

Lalín dá a coñecer o programa completo das Festas das Dores que se celebran do 23 ao 27 de setembro

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Lalín

Lalín deu a coñecer hoxe o programa completo das súas festas patronais. Os festexos da Virxe das Dores celebrarase do 23 ao 27 de setembro.

A comisión de festas informa que dende a semana pasada, "demos comezo o petitorio polas casas, pero estanos a ser moi complexo atopar á nosa veciñanza nos domicilios xa que, como todos ben sabemos, os horarios de traballo dos veciños moitas veces coinciden coas horas nas que nós podemos visitar as casas. Por iso, cando isto sucede, estamos a deixar un papeliño como o da imaxe onde aparece o noso número de conta para que todo aquel que así o desexe, poida facer a súa aportación".

Ademais, recalca que "dado a situación vivida coa presunta estafa por parte dun grupo aínda sen identificar, coa realización de ingreso bancario no número de conta, a colaboración chega directamente a nós sen posibilidade de confusión".

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Así mesmo, a comisión quere dar "as grazas a toda a veciñanza que está a colaborar con nós tanto a través de donativos como da compra de rifas para o sorteo das festas".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page