A contía das bolsas será por un importe único de 100 euros por alumno/a matriculado
Laura Moure/Lalín
O extracto das bases e convocatoria da bolsas complementarias ao estudo para alumnado de centros docentes do municipio de Lalín publicáronse este luns no boletín oficial da provincia. Os beneficiarios son as familias do alumnado tanto de centros docentes públicos como privados concertados, de segundo ciclo de educación infantil, educación primaria e secundaria obligatoria, que estean empadronados neste municipio.
Financiará con cargo al presente programa la adquisición de:
a) Libros de texto, de ser o caso.
b) Textos de lectura.
c) Material escolar e/o complementario (material informático e material funxible, mochilas….)
d) Vestiario e material deportivo.
e) Calzado en xeral.
Para a concesión das subvencións convocadas destinarase un crédito total de 30.000 euros. A contía das bolsas será por un importe único de 100 euros por alumno/a matriculado/a. E o prazo de presentación das solicitudes será de 20 días naturales a contar dende o día seguinte ao da publicación dste extracto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, e dicir, dende este martes, 8 de xuño.
Os interesados poden acceder ao anuncio no seguinte enlace:
O colexio Scientia de Lalín.
Autor: Ecos da Comarca.
Comentários