top of page

Lalín coloca novas sinalizacións de elementos patrimoniais e turísticos con códigos QR

Laura Moure/Lalín

Xa están instaladas en Lalín as novas sinalizacións interpretativas e direccionais de elementos patrimoniais e turísticos, con códigos QR para ampliar a información. A concelleira de Cultura, Begoña Blanco, informa que a sinalización estará comprendida por un total de 13 sinais e vaise ubicar en Pontenoufe, nos castros de Sestelo, Catasós e Bendoiro, reforzando a identidade colectiva e a toma de conciencia sobre a necesidade de preservar o medio e o patrimonio.

A financiación procede dunha liña de subvención da Deputación, de preto de 12.000 euros destinados á sinalización e marcaxe do patrimonio histórico-cultural do municipio coa finalidade de proporcionarlle a todos facilidades para informarse da nosa historia.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Neste proxecto colaboraron a SED no que a bibliografía e a ilustracións se refire sendo partícipes na mesma Lorena Recimil, Bernardo Insua, Xoan Carlos García Porral e Antonio Presas García, e tamén se participou dende Roteiros de Lalín.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page