Lalín analiza os problemas de abastecemento de auga e anuncia unha auditoría da rede municipal
Ecos da Comarca/Lalín
O Concello de Lalín analizará os recentes problemas de abastecemento de auga rexistrados no municipio tras unha reunión solicitada por AEDEZA na que participaron responsables municipais e de Aquadeza, a empresa concesionaria do servizo da auga.

Segundo o alcalde, José Crespo, Aquadeza explicou que a incidencia produciuse pola coincidencia de tres factores: as elevadas temperaturas e o consecuente incremento da demanda, un pico extraordinario de consumo concentrado en apenas seis horas e a redución da capacidade de captación de Catasós debido ao descenso do nivel do río.
O rexedor sinalou que, neste momento, o servizo se atopa "practicamente normalizado ao 100 %" e que os depósitos municipais presentan niveis aceptables.
PUBLICIDADE
Entre as medidas inmediatas anunciadas figura o reforzo da monitorización da rede, así como unha maior vixilancia dos consumos considerados impropios, como os destinados a regar, lavar ou encher piscinas. Tamén se intensificará o control das conexións irregulares.
A medio prazo, o Concello encargará unha auditoría especializada dos máis de 350 quilómetros da rede municipal de abastecemento. O obxectivo é coñecer o seu estado e determinar que actuacións son necesarias para mellorar a captación, o almacenamento e a distribución da auga.
PUBLICIDADE
Crespo agradeceu a AEDEZA as súas achegas durante a reunión e pediu comprensión á veciñanza, ao tempo que reclamou un uso responsable da auga ante a situación actual.
PUBLICIDADE
O Concello asegura que continuará traballando para reforzar un servizo considerado esencial e evitar que episodios similares volvan afectar ao abastecemento no municipio.
NOTICIAS RELACIONADAS:
Lalín activa un plan de emerxencia de abastecemento de agua debido á reducción crítica dos depósitos: https://www.ecosdacomarca.com/post/lal%C3%ADn-activa-un-plan-de-emerxencia-de-abastecemento-de-agua-debido-%C3%A1-reducci%C3%B3n-cr%C3%ADtica-dos-dep%C3%B3sitos
Alba Forno esixe explicacións polos cortes de auga en Lalín e lamenta que as medidas cheguen tarde: https://www.ecosdacomarca.com/post/alba-forno-esixe-explicaci%C3%B3ns-polos-cortes-de-auga-en-lal%C3%ADn-e-lamenta-que-as-medidas-cheguen-tarde
O subministro de auga no núcleo urbano de Lalín queda restablecido ao 75%: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-subministro-de-auga-no-n%C3%BAcleo-urbano-de-lal%C3%ADn-queda-restablecido-ao-75
O BNG de Lalín levará ao pleno o corte de subministración de auga: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-bng-de-lal%C3%ADn-levar%C3%A1-ao-pleno-o-corte-de-subministraci%C3%B3n-de-auga










Comentarios