Lalín albergará a II Feira Internacional de Apicultura, Alvariza, a última fin de semana de xaneiro
- Laura Moure
- 9 ene 2023
- 1 Min. de lectura
Esta segunda edición incorporará varias novidades como un maior número de expositores de toda España e incluso de diversos países sendo en total 57
Laura Moure/Lalín
Tras o éxito da primeira edición Lalín celebrará a II Feira Internacional de Apicultura, Alvariza, a última fin de semana de xaneiro (28 e 29 de xaneiro na Carpa do Cocido), promovida por David Liñares coa colaboración do Concello. Será un dos primeiros grandes eventos da LV Feira do Cocido co que se poñerán en valor as potencialidades e oportunidades que ofrece o mundo da mel neste concello.

Esta segunda edición incorporará varias novidades como un maior número de expositores de toda España e incluso de diversos países (en total 57); a presenza de destacados relatores a nivel mundial no eido da apicultura como o francés Gilles Fert -un dos expertos mundiais neste campo que fala perfectamente español e que na súa explotación forma a persoas de todo o mundo- ou o técnico macedonio Alekxandar Uznov, ou un concurso de debuxos para a cativada, entre outras moitas actividades como rutas, charlas, obradoiros, showcookings, etc.
Será, polo tanto, unha eira orientada a todos os públicos: á xente que se estea iniciando no mundo da apicultura, aos máis pequenos ou as persoas que desexen ir pasar unha fin de semana a Lalín. Trátase de que en vindeiros anos poida consolidarse como unha g¡feira referente en Galicia, no norte de España e de Portugal.
Comments