top of page

Lalín acolle o 15 un faladoiro da científica Marisol Soengas sobre a investigación contra o cancro

Esta iniciativa forma parte do programa da Deputación de Pontevedra Aquí faltan páxinas


Laura Moure/Lalín

O Edificio Sociocultural do Concello de Lalín situado na rúa Manuel Rivero acolle este xoves 15 de xaneiro ás 19:00 horas un novo faladoiro da terceira edición do programa Aquí faltan páxinas, impulsado pola Deputación de Pontevedra para rescatar historias de mulleres que non adoitan ser contadas. Nesta ocasión a protagonista será a agoladesa Marisol Soengas, unha das científicas galegas máis recoñecidas de ámbito internacional no campo da oncoloxía. O faladoiro terá unha duración aproximada de dúas horas e os asistentes poderán asistir ao testemuño da propia Marisol Soengas, afectada persoalmente por esta enfermidade. Estará acompañada pola deputada de Igualdade, Paula Bouzós, o alcalde de Lalín, José Crespo.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

O faladoiro destacará a traxectoria de Marisol Soengas na vangarda da investigación contra o cancro desde o Grupo de Melanoma no Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO) que dirixe. Nada en Agolada, Licenciada en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora polo Centro de Investigacións Biolóxicas do CSIC, especializouse no estudo do melanoma, un dos cancros de pel máis agresivos.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Traballou en centros punteiros dos Estados Unidos como o Cold Spring Harbor Laboratory e a Universidade de Michigan e os seus traballos de investigación identificaron novos mecanismos moleculares que explican a resistencia do melanoma a terapias convencionais e abriron vías para tratamentos máis eficaces. Soengas é tamén unha firme defensora da visibilidade das mulleres na ciencia e da divulgación científica, participando en iniciativas para fomentar vocacións STEM entre as máis novas, e o seu traballo foi recoñecido con múltiples premios nacionais e internacionais.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

A terceira edición do programa Aquí faltan páxinas, que busca enxalzar a figura de grandes mulleres vinculadas á provincia e relevantes na historia, terá continuidade con máis faladoiros. Tralos xa desenvolvidos sobre as alfombristas, Juaniña do Porriño, Concepción Pérez Iglesias, as Nais contra a Droga e as mulleres de Gargamala, ao dedicado a Marisol Soengas seguiranlle outros nos que se narrarán as historias das mulleres do mundo do viño, da soprano de zarzuela Matilde Vázquez, da fotógrafa e xornalista Corona González, da arquitecta Rita Fernández Queimadelos, da cineasta Cruz Risco e das primeiras policías locais, Marina Ledo e Begoña Villar.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page