top of page

Lalín acolle o 11 unha andaina solidaria para colaborar coa Asociación Española Contra o Cancro

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Será duns seis quilómetros e o prazo para anotarse finalizará o día 7


Laura Moure/Lalín

A edil de Sanidade de Lalín, Carmen Canda, explica que “dende o Concello de Lalín están en constante colaboración coa Asociación Española contra o Cancro. Nesta ocasión, este estreita relación entre ambos materialízase coa realización dunha andaina solidaria que terá lugar o domingo día 11 de setembro”.


Segundo indica Canda “a ruta elixida é apta para tódolos públicos e realizará o percorrido entre o Pazo de Liñares e a Ponte Taboada, dous bens de recoñecido interese patrimonial. No caso do Pazo de Liñares, este está declarado Ben de Interese Cultural, que é a máxima categoría de recoñecemento para un ben, e toda a contorno natural da ruta tamén presenta un atractivo paisaxístico moi relevante”.

Para promover e facilitar que todas as persoas poidan animarse a realizar a andaina, a concelleira resalta que “dende o Concello habilitaremos un autobús para que saia da Praza da Igrexa ás 10:00 horas. Son en total uns seis quilómetros de percorrido, sendo apta para tódolos públicos. E a maiores, ao remate da actividade, haberá uns pinchos para os participantes. Para colaborar coa actividade, poderanse adquirir as camisetas verdes da AECC como a que leva Inés na fotografía”.


Para inscribirse, poden enviar un correo electrónico a carmen.canda@lalin.gal, e o prazo para anotarse remata o vindeiro mércores día 7. A edil recorda a importancia de “poñer en valor o traballo da Asociación Española contra o Cancro, así como o fundamental que é colaborar con eles, xa que “a sociedade ten que estar cada vez máis concienciada sobre o crucial que é a prevención ou a investigación en materia de sanidade, e neste eido a AECC son unha das institucións de referencia”.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A maiores, Canda avanza a seguinte información “nesta liña, estamos programando outra acción no vindeiro mes de outubro, xa que virá a Lalín a impartir unha conferencia o Dr. Ramos, director do Centro Oncolóxico de Galicia. Coa visita deste prestixioso profesional queremos conmemorar o día mundial contra o cancro de mama, e así promover visibilizar a doenza, e apoiar aos pacientes que sofren a enfermidade”.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page