top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Lalín acolle hoxe unha xornada homenaxe ao Matemático Rodríguez, “Científico Galego do Ano”

O catedrático de Astronomía José Ángel Docobo e a investigadora Carmen Villanueva achegarán a figura deste lalinense ilustre


Ecos da Comarca/Lalín

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) elixiu ao matemático José Rodríguez González (Lalín, 1770 - Santiago de Compostela, 1824) como “Científico Galego de 2024”, coincidindo co bicentenario do seu falecemento. Para dar a coñecer a súa figura e as súas contribucións ao conxunto da sociedade, estanse a celebrar unha serie de actividades ao longo do ano. Hoxe, xoves, 10 de outubro, terá lugar un acto en Lalín no marco das “Xornadas conmemorativas do Seminario de Estudos do Deza”, dedicadas a persoeiros ilustres na historia dezá. Será no Museo Municipal Ramón María Aller, a partir das 21:00 horas.

No transcurso da xornada, vai impartir unha conferencia a investigadora Carmen Villanueva, licenciada en Química pola Universidade de Santiago e doutora en Física Aplicada. Presentou a súa tese de doutoramento na Universidade de Vigo en 2023 sobre o matemático Rodríguez, co título “José Rodríguez González (1770-1824), matemático, geodesta, astrónomo, naturalista e viaxeiro científico por Europa”.


Publicidade

Dirixiuna o catedrático de Astronomía José Ángel Docobo, director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, quen tamén abordará a relevancia do científico lalinense.

0 comentarios

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page