top of page

Lalín acolle hoxe a presentación do libro Imperialismo no século XXI do analista internacional Duarte Correa

A cita está organizada polo BNG deste municipio


Ecos da Comarca/Lalín

O profesor e analista internacional Duarte Correa Piñeiro vén de publicar Imperialismo no século XXI, un libro no que analiza as transformacións do imperialismo no contexto do capitalismo contemporáneo e da globalización económica, e que será presentado este venres 22 en Lalín.


A obra propón unha reflexión crítica sobre as relacións de poder que estruturaron historicamente o sistema económico internacional e que, segundo o autor, continúan

presentes hoxe baixo novas formas. O libro aborda cuestións como a reorganización das

cadeas globais de produción, a financiarización da economía ou a persistencia de

relacións de dependencia entre territorios.

Desde a perspectiva das relacións internacionais, o ensaio examina como o fenómeno

imperialista continúa condicionando a política global, nun contexto marcado pola

competencia entre grandes potencias, o control de recursos estratéxicos e a influencia

das grandes corporacións transnacionais e das institucións financeiras internacionais.

‘O imperialismo no século XXI’ analiza o papel da OTAN como instrumento dos

Estados Unidos para manter a súa hexemonía en declive, a autonomía estratéxica da

Unión Europea e o aumento do gasto militar, desvelando as verdadeiras intencións

detrás dos discursos vixentes. Ademais, desmonta mitos e amosa outras realidades

pouco visibilizadas, nas que países apostan por alianzas baseadas no diálogo e a

cooperación fronte á imposición, defendendo que a alternativa ao imperialismo reside

na defensa da soberanía dos pobos.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

A presentación pública do libro terá lugar o venres, día 22, en Lalín, nun acto organizado

polo Bloque Nacionalista Galego de Lalín que se celebrará ás 20:30 horas no Museo

Municipal. No acto, o autor estará acompañado pola voceira municipal do BNG, Mari

Fernández Sanmartín.


Imperialismo no século XXI pretende contribuír ao debate sobre as desigualdades

globais e ofrecer ferramentas de análise para comprender os mecanismos de

acumulación e poder que operan na economía internacional.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Sobre o autor

Duarte Correa Piñeiro é profesor de Xeografía e Historia no IES Ramón Cabanillas de

Cambados, investigador e ensaísta. Colabora regularmente en publicacións galegas e

internacionais e participa como relator en seminarios e actividades formativas en

Europa e América Latina, centrando o seu traballo na análise das relacións

internacionais, as dinámicas xeopolíticas, a globalización e as relacións de dependencia

no sistema económico e político mundial.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page