top of page

Lalín é esta fin de semana o epicentro do Enduro

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Celébrase a segunda proba do Campeonato de España, puntuable tamén para o galego


Laura Moure/Lalín

Lalín é esta fin de semana o epicentro do motor ao celebrarse a segunda proba do Campeonato de España de Enduro, puntuable ademais para o galego. Móvete na Moto é o clube organizador xunto á Federación Galega de Motociclismo e conta coa colaboración do Concello. A carreira disputase hoxe e mañá con tres pasadas cada día ao recorrido, que suma un total de 92 quilómetros en cada volta, incluídas as especiais.


A base de operacións é desde a explanada do Carrefour ao entorno do consistorio. Mentres, a Praza Galicia alberga o parque pechado e desde alí partiu o primeiro piloto participante ata a rotonda do Carrefour onde se disputa unha pequena extrema, con recorte de trazado, para continuar na parroquia de Vilatuxe co cros test. O seguinte rali chegará ata O Irixo para coller dous cortafogos antes de regresar a Vilatuxe polo monte. O enduro test é na parte baixa da súa igrexa, cun trazado diferente e técnico.

Autor: Concello de Lalín.

0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page