top of page

López anuncia un investimento de 1,45 millóns € para a rede Smartpeme+ e as oficinas Acelera Pyme Rural

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Xestionaranse as oficinas de Barro, Lalín, Pontevedra, O Porriño, Vigo, Cambados e Ponteareas, onde se asesorará a emprendedores e se levarán a cabo actividades


Laura Moure/Lalín

A Deputación de Pontevedra adxudicou o servizo de xestión da rede Smartpeme+ e das oficinas Acelera Pyme Rural para este 2025 por 1,45 millóns de euros. Así o anunciou o presidente provincial, Luis López, que destacou a “enorme capacidade emprendedora” da provincia. “E se os emprendedores apostan pola provincia, nós temos que apostar por eles, e por iso imos seguir tendendo pontes, ofertándolles servizos que nos referencian, como é o caso de SmartPeme e Acelera Pyme Rural”.

Desta maneira, a empresa adxudicataria encargarase de coordinar e xestionar as oficinas de SmartPeme+, localizadas en Barro, Lalín, Pontevedra, O Porriño e Vigo, e as oficinas Acelera Pyme Rural, que son as de Cambados e Ponteareas. Ademais, ofrecerase a ata 2.500 emprendedores, autónomos e pemes ao ano asesoramento personalizado no seu proceso de transformación dixital, posta en marcha e crecemento empresarial, baseado nas novas tecnoloxías. Por último, impartiranse un máximo de 200 talleres de sensibilización e celebraranse diferentes actividades complementarias.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Nas cinco oficinas pertencentes á rede Smartpeme+ prestaránselle servizos de asesoramento TIC; así como sobre crecemento empresarial a emprendedores, autónomos e pemes da provincia, mentres que nas dúas Acelera Pyme rural, a aqueles dos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page