top of page

López anuncia o investimento de 520.000 euros na reposición do firme da EP-6101 Bidueiros – Amedo, en Dozón

Ecos da Comarca/Dozón

A Deputación de Pontevedra deu onte luz verde ao expediente para contratar as obras de reposición de firme na estrada provincial EP-6101 Bidueiros-Amedo, en Dozón, que conta cun orzamento total de 520.000 euros. “Seguimos avanzando para transformar as estradas provinciais –explicou o presidente provincial Luis López- co fin de alongar a súa vida e garantir a seguridade tanto de peóns como do tráfico rodado”.

En concreto o estado no que se atopa na actualidade a estrada entre Bidueiros e Amedo, en Dozón, fai necesario reparala, mediante ao saneamento e fresado da capa de rodadura. Posteriormente, realizarase o recrecido do firme existente mediante a extensión dunha capa de formigón bituminoso en quente.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A actuación contempla tamén a reposición da sinalización horizontal e vertical, co fin de salvagardar a debida prestación do servizo público viario e de mellorar a seguridade viaria.

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page