top of page

Julia Medela de 9 anos e veciña de Antas participa hoxe no Campionato do Mundo IDO Caribbean Dances

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Antas de Ulla

Julia Medela, de 9 anos e veciña de Antas de Ulla, participa mañá no Campionato do Mundo IDO Caribbean Dances. Julia chega a esta proba despois de ser campioa galega e de España na modalidade de Bachata Shine individual femenino en categoría Xuvenil.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

"Traballo, esforzo, constancia e ilusión caracterizan a Julia, que esta tempada quedou primeira en todas as competicións nas que participou", sinala o Concello a través das súas redes sociais. "Desde o concello queremos desexar a Julia a mellor das sortes! Estamos contigo!"


Os interesados, tal e como informa o ente local, poden mercar entradas para ver a sua actuación online no seguinte enlace https://www.dancelivetv.org/home


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A actuación de Julia é o día 2 do campionato, hoxe, martes, día 7 ás 13:47 horas: Bachata Solos Children Female.


Dende o equipo de ECOS DA COMARCA desexámoslle MOITA SORTE tamén!!!



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page