Houbo 20 participantes
Laura Moure/Silleda
Juan Ares Pérez gaña o concurso Vai de Parroquias convocado este Nadal polo Concello de Silleda. O afortunado irase de viaxe ás illas Canarias.
O Concello de Silleda puxo en marcha esta nova iniciativa que tiña por obxectivo a dinamización do rural como protagonista.
Baixo o lema Vai de parroquias, propoñía ao público participante visitar as 33 localidades que conforman o municipio silledense, acreditando mediante fotografías cas árbores de Nadal, colocadas polo Concello, ao seu paso polas mesmas.
Todas as persoas que enviaran as 33 instantáneas e cubriran o formulario de inscrición entraban no sorteo dunha viaxe ás Illas Canarias para dúas persoas, a celebrar no primeiro trimestre de 2023.
NOTICIA RELACIONADA:
Comments