Jose Pintor acompañará ao dezá Javier Ramos nesta cita porque Álex Moure non poderá estar desempeñando as súas funcións habituais
Ecos da Comarca/Deza
O vindeiro fin de semana, Sanxenxo será o centro neurálxico da quinta edición do xa
asentado Rallye de Pontevedra. Tres semanas despois do Rallye Mariña Lucense no que parella dezá formada por Javier Ramos e Álex Moure logrou a 3ª praza da Copa R5 e a 5ª
posición en la Clasificación Xeral respectivamente, o equipo dezá regresa ós treitos nunha
proba que descorre polos concellos de Sanxenxo, Meaño, Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro e Moraña.

Carreira a carreira, Javier Ramos e Álex Moure melloraron a adaptación ás prestacións do
Peugeot 208 T16 R5. Mostra disto é que rali a rali a distancia cos participantes que lles preceden son máis pequenas pese a que de momento é difícil poder estar más cerca.
“Cada vez imos máis cómodos no Peugeot 208 R5 e mostra disto é que nalgúns treitos somos capaces de marcar rexistros interesantes. En Pontevedra intentaremos dar outro pequeno paso que nos axude a seguir collendo confianza, e por suposto, tratar de chegar o máis arriba posible”, destacan.
Jose Pintor, campión de España de Rallyes, e copiloto habitual de Iván Ares no Supercampionato de España de Rallyes de Asfalto, acompañará a Javier Ramos. “Nos vindeiros Rallyes, Álex Moure no poderá estar desempeñando as súas funcións habituais. En Pontevedra, Jose Pintor, un bo amigo do equipo, será o copiloto", sinalan.
O venres por la tarde celebrarase o Treito Espectáculo “Sanxenxo”, sendo o sábado cando se celebren, a triple pasada, as especiais de Meaño, Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro.
Comments