top of page
Foto del escritorLaura Moure

José Penas veciño de Santiso remata no posto 36 no Northwest Triman, entre 230 participantes

Esta proba é o único triatlón, con distancia ironman, que se disputa en Galicia e el rematou o percorrido en pouco máis de 10 horas


Laura Moure/Santiso

José Penas, veciño do lugar do Padrón, en Serantes (Santiso), quedou no posto 36 da sétima edición do Nortwest Triman, que se disputou este domingo e no que competiron, na súa categoría, 230 persoas. Celebrouse no lago artificial máis grande de Europa, en As Pontes (A Coruña), a 50 quilómetros da cidade herculina.


O lago de As Pontes albergou esta sétima edición desta competición na que participaron en total 640 deportistas chegados dende distintos puntos de España. Esta proba é o único triatlón, con distancia ironman, que se disputa en Galicia, aínda que ao igual que en edicións anteriores, contou cunha proba de media distancia.


O circuíto de bicicleta foi o mesmo de sempre, asegurando unha distancia de entre 10 e 12 metros entre participantes, mentras que a carreira a pé realizouse no lago para, deste modo, minimizar os riscos.


"O noso veciño rematou no posto 36 nunha das probas deportivas máis duras do mundo. Acabou o percorrido en pouco máis de 10 horas", indica o Concello de Santiso, quen o felicita.


Campionato de España de Raid de Aventura

Por outra banda, na proba que se disputou esta fin de semana, puntuable para o Campionato de España, participou o equipo Santiso Raid Team, do que Penas forma parte, e quedou de terceiro. Penas non foi a esta competición ao coincidir coa de As Pontes.

José Penas.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page