top of page

José Luis Calo (UCIN): "Galicia precisa un plan inmediato para recuperar as zonas queimadas"

Ecos da Comarca/Xeral

O coordinador de UCIN Galicia, José Luis Calo, urxe á Xunta a poñer en marcha un Plan Urxente de Restauración Hidrolóxico-Forestal e de control da erosión para frear os graves danos ambientais provocados polos recentes incendios forestais.

Calo advertiu que, de non actuar con rapidez, os solos queimados quedarán expostos a

procesos de erosión moi agresivos, provocando arrastres de cinzas e terra que acabarán nos ríos e arroios. Esta situación pode derivar en:

Contaminación da auga, con risco para o consumo humano e a fauna acuática.

Asolagamentos e enchentes en épocas de choiva intensa, ao desaparecer a capa vexetal que retén a auga.

Perda de fertilidade dos solos e dificultades para que a vexetación autóctona se recupere de maneira natural.

Aumento da desertificación e despoboamento rural, ao quedar as zonas queimadas sen valor produtivo nin capacidade de sustento.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

UCIN Galicia reclama que se executen de inmediato actuacións técnicas nas áreas máis

sensibles, aplicando métodos de protección do solo, creación de barreiras naturais e

recuperación da vexetación autóctona para garantir a estabilidade do terreo.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Do mesmo xeito, a formación considera imprescindible a contratación de persoal especializado en traballos de restauración e recuperación, o que permitiría xerar

emprego, fixar poboación no rural e asegurar unha resposta sostible a medio e longo

prazo. “Galicia non pode quedar de brazos cruzados ante unha emerxencia ambiental desta magnitude. Se non se actúa xa, perderemos solos, auga e biodiversidade, e o custo de recuperar o territorio será moito maior no futuro”, advertiu Calo.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page