top of page

José Luis Calo de UCIN: "Quédanos a sensación de fallar"

O coordinador de UCIN Galicia escribe un artigo de opinión sobre o acoso escolar



José Luis Calo/Xeral


ARTIGO DE OPINIÓN

Compartimos en ECOS DA COMARCA este artigo de opinión que nos enviou José Luis Calo, sobre o acoso escolar.

José Luis Calo.
José Luis Calo.

QUÉDANOS A SENSACIÓN DE FALLAR.

"2 de maio, Día Internacional Contra o Acoso Escolar. A dor é un sentimento que nos une á maioría. Vemos como o acoso escolar leva por diante a vida dos nosos fillos e fillas. No seu día a día chega a ser un sen vivir tanto para nenos e nenas como para as súas familias. Segundo a Xunta de Galicia o 85,5 % do alumnado afirma non recibir nunca ou case nunca ameazas ou intimidación a través da rede, o 9,4% do alumnado sofre acoso escolar e/o ciberbullying. Un estudo recente de UNICEF estima que a taxa de victimización por acoso escolar é do 33,6% e a de ciberacoso do 22,5%.


Neste estudo participaron 50.000 adolescentes de todo o país e os seus resultados son unha fotografía moi precisa sobre como usan a tecnoloxía os mozos e mozas da nosa contorna e, sobre todo, como se relacionan a través das pantallas e os dispositivos electrónicos. Autores: UNICEF España, Universidade de Santiago de Compostela e Consello Xeral de Colexios Profesionais de Enxeñería en Informática. ISBN: 978-84- 124058-2-8.


Que está a suceder nas aulas galegas? Seguen os nosos nenos e nenas sufrindo acoso escolar? A nosa comunidade conta con programas de prevención e protocolos de actuación en escolas e institutos. Pero un dato importante é que: «A Xunta nos últimos anos non publica o informe completo cos resultados da Enquisa de Convivencia Escolar (EDUCONVIVES).»



Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Máis que nunca, esta reflexión sobre o acoso escolar debería sosterse en datos actuais e na necesidade de actuar de maneira decidida. A pesar de que a sensibilización social aumentou, as cifras mostran que aínda queda un longo camiño por percorrer para garantir que cada estudante teña as mesmas oportunidade de benestar na contorna escolar.


Segundo información da Xunta reforzouse o seu compromiso mediante o Plan Integral contra o Acoso Escolar e Ciberacoso, a súa efectividade depende en gran medida da súa implementación real nos centros, da implicación activa de toda a comunidade educativa, administrativa e social. Non é suficiente con activar o protocolo nos colexios e institutos, porque para entón xa é demasiado tarde, xa que o dano xa foi feito. É necesario que os nosos fillos e fillas practiquen emocións e actitudes humano-terapéuticas indiscutiblemente positivas e saudables, para que perciban e comprendan todo o que chega a sufrir o neno ou nena afectado.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Debemos evitar que os compañeiros e compañeiras da persoa afectada convértanse en cómplices do acoso escolar mediante o seu silencio. As conclusións do estudo emitido por UNICEF son moi claras: É indubidable que a tecnoloxía forma parte da vida dos adolescentes, que fan un uso xeneralizado da internet, as redes sociais e innumerables aplicacións, en moitos casos de maneira intensiva, o que pode implicar unha interferencia sería no día a día e no seu desenvolvemento persoal.


As taxas de victimización atopadas (sensiblemente maiores que as que recollen as estatísticas oficiais) así o indican. Unha análise detida dos datos ademais de romper algúns mitos, van ser fundamentais para deseñar as novas políticas de prevención. A loita contra o acoso escolar e o Ciberacoso debe ser unha prioridade".


José Luis Calo, coordinador de UCIN Galicia.


留言


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page