José Luis Calo de UCIN: "A Galicia Rural"
- ecosdacomarca
- 8 abr
- 2 Min. de lectura
O coordinador de UCIN Galicia escribe o artigo de opinión sobre a mal chamada Galicia baleira
José Luis Calo/Xeral
ARTIGO DE OPINIÓN
Compartimos en ECOS DA COMARCA este artigo de opinión que nos enviou José Luis Calo, coordinador de UCIN Galicia.

A Galicia rural
"Cando falamos da Galicia baleira paréceme case unha ofensa, porque non é certo que estea baleira, está falta de servizos. Iso que chamamos Galicia baleira é unha Galicia que está chea de vida e chea de natureza, e os que somos baleiros somos nós, os que vivimos nas cidades, e os nosos gobernantes faltos de iniciativas, que esquecémonos destes sitios onde existe unha gran calidade de vida.
En Galicia hai casi 2.000 aldeas completamente baleiras. Quizás o problema da mobilidade é unha das causas que máis dificultan vivir nun entorno rural. Como exemplo, un autobús sae ás sete da mañá e outro retorna ás sete da noite, pagar un taxi ou depender dos favores que poida ofrecer a veciñanza, acaban por completar as opcións para desprazarse. Por non falar da xente que ten que estudar ou traballar, require dun esforzo extra, en moitos casos, para a xuventude vivir nunha zona rural significa abandonar desexos para enfocarse de metas máis alcanzables, isto coloca en desvantaxe e precariza a vida no rural.
Publicidade
Podemos dicir que a falta de servizos básicos, é o que nos leva a obstáculos de medrar no rural. Os programas para o desenvolvemento do medio rural que están en marcha dende hai anos pola Xunta de Galicia non chegan a calar na mocidade, por iso a mocidade segue na práctica medrando lonxe e aprendendo que a vida está fora da aldea, na cidade. O problema é que todo o diñeiro que vén de Europa vaise para as urbes, e iso lastra aínda máis a pobos e aldeas porque a xente vaise onde hai traballo e riqueza. O baleirado dunha zona é algo previsible, porque non se tomaron medidas.
Queda moito por facer para igualarse en servizos e infraestruturas coas cidades pero o medio rural ten moito partido aínda por xogar. Para iso hai que darlles facilidades, eliminar a burocracia e as malas comunicacións. Non pode aplicarse a mesma normativa e os mesmos impostos para unha aldea de Galicia que para unha cidade. Outro antídoto contra o despoboamento é o teletraballo, esa fórmula só pode funcionar se hai vivenda e boas
comunicacións telemáticas. Hai que tentar darlle unha volta a todo isto, á fin e ao
cabo hoxe en día o pobo é como unha cidade".
José Luis Calo, coordinador de UCIN Galicia.
Comments