top of page
Foto del escritorLaura Moure

José Casal e Xirandola, novos socios de honra de Amigos da Empanada

Laura Moure/Silleda

A Asociación Cultural Amigos da Empanada da Bandeira (Silleda) continúa cos preparativos de cara a celebración do medio século de vida da coñecida cita gastronómica da Empanada. Neste contexto, a Xunta Directiva do colectivo busca homenaxear a persoas ou colectivos vinculados de xeito histórico ao evento e que contribuíron de forma desinterasada á consolidación e crecemento do mesmo. 

Por este motivo, a actual dirección da Empanada decidiu por unanimidade conceder o título honorífico de socio de honra a José Casal e, por vez primeira, a un colectivo como a Asociación Cultural Xirandola. Andrés Seoane, presidente da organización, puxo en valor a figura dos socios distinguidos e apuntou que “a través destes nombramentos, Amigos da Empanada busca recoñecer e visibilizar o legado cultural e social que tanto José Casal como a Asociación Cultural Xirandola deixan na nosa comunidade. O seu compromiso e dedicación son exemplo para as novas xeracións xa que grazas a persoas e colectivos como eles, as nosas tradicións perviven e se fortalecen”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Cabe destacar que José Casal, exdirector do CEIP Ramón de Valenzuela e, actualmente, presidente do Club Petanca Bandeira, foi impulsor de multitude de iniciativas culturais, dende a súa vinculación ao Entroido dos Xenerais da Ulla, á Petanca, á Asociación Cultural Vista Alegre (recentemente declarado socio de honra) ou a Festa e Festivais da Empanada, sendo un imprescindible en actividades como o campionato de Tiro á Corda ou os xogos tradicionais celebrados cada ano.


Por outra banda, Xirandola é unha entidade habitual nas rutas da empanada celebradas polos bares da vila por Amigos da Empanada, así como no concurso de empanadas ou no Festival Esmorga Folk. Así mesmo, os integrantes de Xirandola xa foron os encargados de dar lectura ao pregón da cita gastronómica de hai dúas décadas, na edición do 2004.


Publicidade

José Casal e Xirandola súmanse a Lola Sangiao, Carmen Pillado, Marichelo Penoucos, Pepe Ayude, Manuel Duro e Ramón Otero, recentemente finado, que ata a actualidade eran as únicas persoas que posuían esta categoría de honra. A Asociación Amigos da Empanada non descarta declarar a máis socios nas vindeiras semanas. 


Podedes seguir todos os detalles desta festa na súa web: https://www.festadaempanada.org/

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page