Nasser Al-Attiyah e Mathieu Baumel, quedaron segundos, mentres que o terceiro posto foi para Iván Ares e David Vázquez
Un dos tramos de hoxe no ralli.
Autor: Ecos da Comarca.
L.Moure/IsmaelRS/Comarca da Arzúa
O equipo Recalvi Team, formado por José Antonio Suárez e Alberto Iglesias, fíxose co primeiro posto no Rally Terra da Auga – Camiño de Santiago 2021, despois de mandar durante todos os tramos. Cabe mencionar que Suárez tamén fora o vencedor no 2017. Nasser Al-Attiyah e Mathieu Baumel quedaron en segundo lugar, mentres que no terceiro posto, foi para Iván Ares e David Vázquez.
Corredores noutro momento do rally.
Autor: Ecos da Comarca.
Desta forma os primeiros cinco gañadores quedan clasificados da seguinte forma:
José Antonio Suárez – Alberto Iglesias (Škoda Fabia R5 Evo) 1h45:29,1
Nasser Al-Attiyah – Mathieu Baumel (Volkswagen Polo GTi R5) +42,2
Iván Ares – David Vázquez (Hyundai i20 R5) +1:13,5
Léo Rossel – Mathieu Maurin (Ford Fiesta MkII R5) +1:40,3
Gorka Eizmendi – Diego Sanjuan (Škoda Fabia R5 Evo) +2:59,3
Máis información na web do ralli:
Коментари