top of page
Foto del escritorLaura Moure

Jorge Cubela clausurou en Lalín os XVIII Encontros Gandeiros organizados pola Asociación Xundeva

Laura Moure/Lalín

O deputado de Reto Demográfico, Xuventude e Desenvolvemento Rural da Deputación de Pontevedra, Jorge Cubela, clausurou no Pazo de Liñares (Lalín) os XVIII Encontros Gandeiros organizados pola Asociación Xundeva. Cubela asegurou que “desde a Deputación temos claro que o futuro da provincia pasa polo desenvolvemento do medio rural, cunha tradición compatible coa vangarda que estamos aplicando tanto desde as administracións, no noso caso na Finca Mouriscade, como no sector”.


Publicidade

O deputado lembrou a importancia do relevo xeracional na gandaría, para o que cómpre “situala como un sector atractivo, implicando a mocidade para facerlles ver que aquí hai futuro e que precisamos deles para facerlle fronte ao despoboamento”, e que apliquen “os novos coñecementos, tecnoloxías e procedementos para mellorar a calidade da produción e optimizar os tempos e os medios”.


Publicidade

Tamén trasladou “o compromiso deste Goberno co sector primario da provincia” e asegurou que na folla de ruta para o mandato será clave “fomentar o noso tecido económico, protexer o noso territorio rural, e darlles oportunidades aos nosos mozos para que atopen unha provincia próspera onde poder desenvolver os seus proxectos de futuro.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page