Jesús Otero responde ás acusacións do goberno de usar diñeiro público no centro social de Arnego
- ecosdacomarca

- 22 mar 2023
- 2 Min. de lectura
"En ningún momento, esta construción pretendeu favorecer a ninguén, a proba é que, o mesmo propietario que cedeu os terreos, explica que a propiedade é pública, xa que fixo esa cesión de espazo para iniciar dita construción"
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O exalcalde de Vila de Cruces e candidato á Alcaldía do PP de Vila de Cruces para os vindeiros comicios, Jesús Otero, respóndelle ao actual rexedor, Luis Taboada, sobre as acusacións que fixo este luns. Nas mesmas acusábao de "usar diñeiro público para facer un galpón para un veciño" en Arnego.
Resposta íntegra de Otero:
"Como Portavoz do Partido Popular de Vila de Cruces, procedo a contestar ás últimas acusacións formuladas polo actual equipo de goberno respecto á construción do almacén parroquial na parroquia de Arnego.

A construción deste almacén parroquial data entre os anos 1992 e 1995, aproximadamente. Dito almacén estaba destinado para o almacenaxe de pertenzas da comunidade dos veciños, como por exemplo, bebida sobrante das festas na parroquia, foguetes, palco da festa, etc.
Esta superficie ten aproximadamente sobre uns 25 m 2 , os cales foron cedidos polo propietario da parcela, co fin de que o Concello puidese construír ese almacén para uso dos veciños do lugar. En ningún momento, esta construción pretendeu favorecer a ninguén, a proba é que, o mesmo propietario que cedeu os terreos, explica que a propiedade é pública, xa que fixo esa cesión de espazo para iniciar dita construción. Polo que puidemos indagar, incluso, hai outras pertenzas como un Big Bag de trigo para a sementeira dun veciño que non tiña espazo na súa casa, e outros enseres dun veciño que se atopaba rehabilitando a vivenda.
Polo tanto, non só un veciño se beneficiou deste almacén, senón que varios veciños e veciñas o empregaron sempre que o precisaron; este local nunca foi de titularidade
privada como afirman vostedes.
Cónstame que no concello hai unha carpeta de “cesión de terreos de particulares” no que aparece dita cesión para a construción dese local, xa que durante os nosos anos de goberno mantíñamos un control rigoroso do que se facía, cousa que agora dubido de que sexa así. Se vostede cree que, o señor ó que acusa, é o beneficiado principal terá que sacarlle a chave como así o fixo en Asorei, lugar no que os seus veciños e veciñas non poden acceder ó centro social porque vostede é o “amo da chave”.
Señor Taboada e señor López, os únicos que “pagan favores” son vostedes. É lamentable escoitar estas acusacións cando se dedican a facer cerres en parcelas con persoal do concello, realizar accesos a parcelas privadas, colocar unha caixa de contador eléctrico a un particular, etc. Un sen fin de historias que non imos nomear porque xa non fai falta que o digamos nós, xa o comentan os propios veciños. E se considera que, o que digo é mentira, acuda ós tribunais de xustiza de inmediato.
Señores, o Partido Popular de Vila de Cruces quere seguir traballando e loitando polos seus veciños e veciñas, polo tanto, non perderemos máis tempo nestas banalidades".
Jesús Otero - portavoz do Partido Popular de Vila de Cruces
A noticia na que o goberno local acusa a Otero no enlace:








Comentarios