top of page

Jesús Otero acusa a Taboada de mentir e reitera o apoio do seu goberno a Protección Civil de Cruces

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Grupo Municipal Popular de Vila de Cruces quere censurar "una vez máis, as palabras e as continuas alusións que o equipo de desgoberno de Vila de Cruces está facendo de forma reiterada cara o noso grupo. Nun intento desesperado por enganar aos veciños e veciñas do municipio, supoñemos para conseguir un mellor rédito electoral". Neste caso, fan referencia en concreto "ás falsedades que o Sr. Alcalde, Luís Taboada, unha vez máis, compartíu nalgún medio de comunicación" sobre "a falta de apoio" do anterior goberno á Protección Civil da localidade.

"En primeiro lugar, dicirlle ao Sr. Taboada, que en Vila de Cruces, hai servizo de Protección Civil desde hai máis de 20 anos, por se se equivocou ou por se se cre o creador de algo. Ademais, este servizo que existe, como dixemos, desde hai máis de 20 anos, era un servizo que estaba operativo as 24 horas do día, estando sempre á fronte deste servizo a actual presidenta xunto con dous concelleiros e un traballador municipal asignado a esta agrupación de voluntarios con praza fixa, como así figura na RPT. Así mesmo, o 98% de voluntarios que figuran na lista deste servizo, son os mesmos que había durante o noso goberno, por tanto, non entendemos moi ben que se asegure que o noso grupo tiña a este servizo no esquecemento".


Así mesmo, sinala que "para máis paradoxo, non sabemos moi ben se o Sr. Alcalde acusa o paso dos anos, pois debemos lembrar, que precisamente, este traballador municipal asignado ao servizo de Protección Civil desde hai máis de 14 anos foi cesado do devandito posto por el, quedando recolocado no departamento de vías e obras como operario de servizos múltiples, cando a súa praza, como vimos de sinalar era de Protección Civil, pero o equipo de desgoberno substituíu a este traballador por outro traballador temporal do programa PROL pagado pola Xunta de Galicia", recalca o voceiro popular e exalcalde, Jesús Otero.

Por todo isto, insiste en que "queremos lembrarlle ao señor Taboada de que Protección Civil de Vila de Cruces sempre estivo equipada con coches e numeroso material, proba do compromiso do noso grupo con este colectivo é o noso apoio firme á solicitude da dotación dun novo vehículo, algo que está próximo a producirse unha vez que a Xunta entregará a este colectivo o terceiro vehículo en breves. Ademais mentres gobernamos o municipio, apoiamos, na maior medida das nosas posibilidades dotando de material e orzamento a este servizo. Así, podemos afirmar que todos os servizos de Protección Civil sempre estiveron cubertos, tanto pola parte que lle tocaba ao Concello como por parte de todos os voluntarios, dos que estamos enormemente agradecidos por todo o seu labor desempeñado en beneficio de todos os veciños, calquera día do ano e a calquera hora. Os voluntarios con mais de 20 anos de servizo prestado a Protección Civil de Vila de Cruces son Luís Lareo, José Manuel Sánchez ( Torreiro) e Susana Cea", recalca Otero.


NOTICIA RELACIONADA:



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page