Jesús García Barcia do Retiro da Costiña, Diego López de La Molinera, La Central Heladera, Carnes y Embutdios Caballero de Viana e Bodegas Albamar, premios de Gastromonía de Galicia
- Laura Moure
- 16 ene 2024
- 2 Min. de lectura
Os galardóns serán entregados na Gala do Cocido o vindeiro venres 2 de febreiro que se celebrará no Lalín Arena e retransmitida pola TVG
Laura Moure/Lalín
O alcalde de Lalín, José Crespo, presidiu a reunión do xurado da XXXª edición Premios de Gastronomía de Galicia. O xurado conformado estivo conformado por: Begoña Blanco Blanco - Concelleira de Turismo de Lalín; Luis Rial Sierra, representante do Centro Superior de Hostalería de Galicia; Javier Outomuro (Rest. A Taberna) – Representante de Amigos da Cociña Galega; José Luis Iglesias González (Rest. Cabanas) – Membro de Eurotoques, Xantares, Lareira e Amigos da Cociña Galega e César López Arribas, secretario xeral do Concello que actou como secretario do xurado

O xurado decidiu outorgar os seguintes premios, todos por unanimidade:
En primeiro lugar, o Premio “Pepe Solla” ao labor de toda unha vida dedicada á gastronomía recaeu en Jesús García Barcia -pai de Manuel Costiña- , do restaurante O Retiro da Costiña (Santa Comba), por continuar a tradición familiar cunha proposta gastronómica que suma combinación de produtos locais, tradición e innovación durante toda a súa vida profesional.
Publicidade
No apartado do premio ao “Profesional que máis se distinguira na potenciación da Cociña Galega”, o galardón recaeu na persoa de Diego López Portas, de La Molinera, xoven chef lalinense cunha dilatada carreira profesional que asumiu o mando dos fogóns do negocio familiar baseado nunha oferta innovadora de cociña galega.
O xurado distinguiu no apartado do “Premio á empresa ou entidade que máis contribuíu á promoción da gastronomía galega e dos produtos gastronómicos galegos” a La Central Heladera (San Ciprián das Viñas, Ourense) por ser unha empresa especialista en xeado artesán, elaborado con produtos gourmet, de proximidade e de primeira calidade, que se está implantando progresivamente na meirande parte da xeografía galega.
Publicidade
Así mesmo o xurado concedeu o “Premio ao pequeno produtor galego” a Carnes y Embutidos Caballero de Viana, de Chantada (Lugo), na persoa de José Moure González, empresa dedicada á cría de porco celta e á fabricación e comercialización de embutidos de ditos porcos. Destaca pola súa calidade e procura e raíces esenciais do porco celta.
Por último, no apartado do premio á “Adega ou empresa vitivinícola” o galardón recaeu na Bodegas Albamar de Cambados, dedicado á produción, con tesón e esmero, de viño albariño cun gran valor engadido. A maioría dos seus viñedos son pequenas parcelas de minifundio que funden as súas raíces preto do mar, en solos arcillosos e arenosos, o que lle confire ao viño elaborado neles unha salinidade característica e o espírito atlántico que caracteriza a estas Bodegas.
Publicidade
Os premios de Gastronomía de Galicia entregaranse xunto ao Premio Álvaro Cunqueiro que serán entregados na Gala do Cocido o vindeiro venres 2 de febreiro que se celebrará no Lalín Arena e retransmitida pola TVG.
Comments